Facultad de Ciencias de la Informacion
O preço original era: 64,00€.57,60€O preço atual é: 57,60€. c/IVA
Luis Munoz e Carlos Seoane
ISBN: 9788493228019
Labirinto de Paixóns
Brochura, 272 pp, 24 x 24 cm
Bilingue – castelhano e inglês
2002
Esgotado
En 1994 proponse a Siza iniciar os traballos deste proxecto para completar o seu Campus Norte inserindo unha peza mais na nova trama do Burgo de Las Naciones. Se no museo de Bonaval Siza respondía cos seus estimulantes volumes diferenciados ás fraccionadas fachadas de Domingo de Andrade agora chega a un contexto ben diferente: un espazo organizado a partir dunha trama de recente creación na que se entrelazan fisicamente os heteroxéneos edificios -residencias e facultades- que compoñen un campus compacto. Neste medio Siza acerta a encontrar agora un apoio contextual distinto para introducir novas formas do seu inesgotable repertorio. «Se buscamos e confiamos na posibilidade de que se incrementen os coñecementos reais en arquitectura -e iso é un dos fundamentos das actuacións do Colexio de Arquitectos- esta, é unha das tarefas editoriais que con máis entusiasmo acometemos (en colaboración con Labirinto de Paixóns) e sabemos que o eco deste libro entre os profesionais e estudantes da arquitectura será grande. Os responsables da súa preparación son bos coñecedores da obra de Siza e algúns foron os seus colaboradores neste proxecto, a eles agradecemos en primeiro lugar o esforzo de presentarnos de xeito preciso os arduos labores e múltiples saberes que fan que se chegue a un edificio construído dende un proxecto e unhas ideas. Este proceso, os seus fundamentos, os seus pasos, os seus métodos, os oficios, etc., é en definitiva o lugar do coñecemento na arquitectura e esta publicación ofrécenos os materiais para poder achegarnos a el nesta obra en particular, e tamén -de xeito mais xeral- ao xeito de traballar de Álvaro Siza. » «A presenza exhaustiva de planos, detalles construtivos, esbozo e debuxos iniciais, fotos, etc. evidencian inevitablemente facer do arquitecto. A creación dos espazos non é un milagre senón o lento destilar dunha sabedoría que, a través destes documentos, abre os segredos dun proceso de creación ao estudoso da arquitectura. Sabemos que as experiencias, tanto construtivas coma formais, se asimilan con rapidez e incorpóranse á cultura construtiva cotiá. Este é o mellor efecto que pode ter un novo edificio significativo como é este e a súa difusión a mellor tarefa para un libro.